TALLER AUDICIÓN Y LENGUAJE

OBRADOIRO ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE 08/06-19/06/2020

1.Conto:Pepa vaise de vacacións

Contamos o conto de Pepa e imitamos os sons e as praxias que aparecen.
Premamos no enlace Conto Pepa

2.Lámina de expresión oral, razoamento e comprensión 

Observamos a imaxe ¿qué ves? ¿Ves algo raro? Describe a un personaxe:¿qué fai? ¿Qué roupa leva? De qué cor?...

3.Vocabulario do verán 

Colgamos a roupa do verán no tendal.

Vocabulario/Vocabulario*_ropa_de_verano_xv366359xl

Espero que vos guste!


OBRADOIRO ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE 25/05-05/06/2020

1.MOBILIDADE BUCOFACIAL

Lemos o conto dos minions e imitamos as expresións faciais e bucais.



2. CONCIENCIA FONOLÓXICA

¿Onde vai cada palabra?
Arrastramos a imaxe a letra correspondente

VOGAIS          consoantes P, L, M


3.SOPRO
 Debuxamos unha cara e con tempera, unha palliña e o voso sopro facémoslle o pelo.





OBRADOIRO ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE 11/05/2020-22/05/2010

1.Bailamos e cantamos:




2. PRAXIAS:
Imos traballar a  musculatura bucofacial.
 Imitamos os sons e as expresións faciais.




3.XOGO: 

"VEO VEO"
Fixarémonos nas imaxes e escolleremos unha. Darémolle pistas para que o adiviñen. 
Tedes as consignas para poder xogar dependendo da idade.



4.Conciencia fonolóxica:
No chan, póñense dous folios cunha S e outro cunha Z .
Imos dicíndolle palabras con S ou con Z. Eles colocaranse  do folio que lle corresponde.

Palabras con S:  saco, sal, sueño, sirena, sol, silla, sandía, serpiente, sopa, sombrilla...

Palabras con Z: zapato, zorro, zanahoria, zoo, zumo...



                       ESPERO QUE VOS GUSTE






OBRADOIRO ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE 20/04/2020-24/04/2020

1. Traballamos o fonema R forte:

 Primeiro escoitaremos a canción e imitamos os sons:

CANCIÓN PARA ESTIMULAR O FONEMA "R"

Cando rematemos, dicimos as palabras do seguinte loto de imaxes:




Sabes algunha máis?

2. Traballamos o razoamento verbal, a comprensión e a expresión.

  A consigna será: Mira ben, ¿ves algo raro? ¿qué?

         



3. Conto "El oledor explorador" con apoio de pictos:

              CONTO VISUAL "EL OLEDOR EXPLORADOR"

Tamén, se tedes a opción, podedes descargar a aplicación  El Oledor, con xogos interactivos, dispoñible para dispositivos iPad e Android.





OBRADOIRO ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE 14/04/2020-17/04/2020

Bo día familias!

Xa estamos de volta.!
Déixovos as actividades desta semana:


1.Cantamos:

       QUE RICOS OS BICOS


2. Lemos o conto facendo o que indican ( xestos, praxias, onomatopeas, cores...)

        Conto Doraemon


3.Construímos un verme para xogar co sopro.
Déixovos un titorial para facer vermes de papel. Logo faremos carreiras de sopro con eles.



          vermes de papel



OBRADOIRO ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE 23/03/2020- 27/03/2020

Bo día!

Propoño actividades para poder realízalo na casa. Cada actividade ten unha duración de 5-10 minutos. Para esta sesión propoño as seguintes: Ánimo a tod@s!

1.     Exercicios de praxias. Picamos na imaxe e imitamos as expresións do vídeo:


                   https://youtu.be/5gL0PY6zVQ0



2.    Xogamos coas letras da palabra “SAL”. Mostramos as letras dunha a unha, irán acompañadas da posición da boca. A continuación,mostramos palabras que conteñen o son, despois será o neno/a o que diga palabras con ese son. Picamos no enlace para comezar.


                    https://1H9eOLQOwcbETb0nR4DuvZTclrLqF5yQV



3.    Xogo de sopro. Collemos algodón ou papel e facemos boliñas. Se temos cinta ou calquera outro material semellante, facemos un cadrado no chan, e intentamos meter as boliñas no cadrado soprando nelas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario