CONTOS PARA VER

CONTO: " TITO EL MAGO"



PROPOSTA DE ACTIVIDADE: despois de ver o conto facer a manualidade da variña máxica que nos propón o video e ensaiar o truco de maxia. Ademáis, no seguinte video, tedes máis trucos de maxia para que poidades practicar: ABRACADABRA, PATA DE CABRA... DENTRO VIDEO!!!



                                            


CONTO: " COCORICO"



PROPOSTA DE ACTIVIDADE: facer un bizcoito de iogur. Velaí tedes a receita.





CONTO: " MARTÍN Y SU SOMBRA"




PROPOSTA DE ACTIVIDADE: Pintamos sombras. Precisamos: papel, lapis de cores ou rotuladores, obxectos ou xoguetes. Aproveitando un día de sol ou coa axuda dunha lámpara, faremos que se reflicta a sombra do noso obxecto sobre o papel. O reto consiste en trazar a súa silueta. Unha vez debuxada, podemos coloreala e decorala libremente ( adhesivos, brillantina, ... deixade voar a vosa imaxinación!)



Tamén, podemos aproveitar a ocasión para aprender a facer sombras de animais coas nosas mans. Mirade o video.

   
                                          
  


CONTO: " ¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES! "


                                        


PROPOSTA DE ACTIVIDADE: pintarse, ao igual que o protagonista da historia, as unllas de cores. Ademais, nun folio ou cartolina o neno/a colocará as suas mans e marcará a silueta das mesmas ata que queden debuxadas as duas mans. Poñerlle as mans unllas e colorealas da cor que queiran.



CONTO: "PACO PAPÁN"

                                
E agora que xa coñecemos a historia de Paco Papán, que tal se cantamos a súa canción? Veña, ala imos...




                                            CONTO: " ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO"





                             CONTO:" COMO RECONOCER A UN MONSTRUO"





Proposta de actividade: despois de visualizar o conto, que vos parece se xogamos a crear o noso propio monstro? Para realizar o xogo precisamos folios e un dado ( senon temos un dado podemos utilizar seis anacos de papel nos que en cada un escribiremos un número do un o seis e que iremos collendo o chou).
 O primeiro que faríamos é escribir nun folio as partes que vai ter o noso monstro que son: pelos, orellas, ollos, nariz, boca, dentes, brazos, dedos, pernas e pes. Deseguido, tiramos o dado que nos vai ir indicando a cantidade de cada parte do corpo que lle temos que poñer o noso monstro. Unha vez completadas tódalas partes debuxamos o monstro tendo en conta esas indicaciónsMirade un exemplo:


Cando o monstro este rematado o colorearemos e poñerémoslle un nome. Xa para rematar inventaremos unha historia co noso monstro.

              
                                          CONTO: " NO ES UNA CAJA"


 Proposta de actividade: buscar pola casa caixas que teñades baleiras e transformádeas (recortándoas, pintándoas, decorándoas...) en calquera cousa que se vos pase pola cabeza tal e como fai o personaxe do conto. Primeiro debuxade nun papel a idea que tedes para así ter un boceto da vosa creación. Xa veredes que intre tan entretido pasades. E recordade, OS LÍMITES OS POÑE A VOSA IMAXINACIÓN.

                                                         "CONTO DE CONTOS"


Propóñovos unha actividade: inventar un conto a partir doutros. Para levar a cabo a actividade podedes coller cinco ou seis contos que teñades por casa e a partir dos mesmos crear unha historia. Deixade voar a vosa vena creativa xa veredes cantas historias poden xurdir. Ánimo!!!
Mirade un exemplo... 



                                             

         " ÁBRETE CONTO, FALA PRA MIN. CÓNTAME COUSAS QUE AÍNDA NON VIN"


Ola a todos/as. Sabedes que son? Exacto!!! Son o TRASNO DOS CONTOS. Estes días de tanto caos eu, ao igual que vos, permanezo na miña  casa, aínda que non me aburro, xa que estou  recopilando contos para que cando todo isto acabe (seguro que cedo xa que o estades a facer moi ben) poída  volver a mandarvos o colexio a CAIXA MÁXICA chea de  novas aventuras,  historias, fantasía...

Mentres que ese día non chega tiven a idea de estar en contacto con vos mediante distintos contos que vou ir subindo o blog. Apetécevos que pasemos un tempo xuntos?
O primeiro dos contos que quero compartir é o do noso amigo o Monstro de cores que está un pouco confundido con isto do coronavirus. Espero que vos guste.

 Monstruo de colores y coronavirus

https://www.antena3.com/noticias/cultura/el-monstruo-de-colores-explica-a-los-ninos-como-se-sienten-ante-el-coronavirus_202003255e7b081e95e62a0001b93dc5.html

Como idea, cando rematedes de ver o conto, podedes debuxar un arco da vella e escribir ou debuxar nel as cousas que vos gustaría facer cando poidades volver  sair a rua.






NADARIN, de Leo Lioni.
 Neste ano no que estamos inmersos nas profundidaes do mar, aprendemos da valentía e capaciade de superacion con este peixiño pequeniño.

Adaptación deste conto de Kalandraka feita por nen@s de 1º  do CEIP Nº 1 de Tui.




A QUE SABE A LÚA non pode faltanos !! Nada como contar cos outros para conseguir o que non podemos facer sós ....
Michael  Grejniec, Ed. Kalandraka
 Contacontos do CRA María Zambrano




E para sacarnos ás penas e os medos....nada mellor ca un conto:

 SACAPENAS de Anthony Browne, Ed. Kalandraka




 
Cando chega o Samaín ás profes gustalles moito contarnos este conto que danos un pouco de medo ao principio....pero o importante é que non sempre todo é o que parece....

OS TRES BANDIDOS DE TOMI UNGERER. ED KALANDRAKA



...E... no outono tampouco pode faltar:
SOPA DE CALABAZA DE Helen Cooper, Ed Juventud.






Corre, Corre, Cabaciña...canto nos gusta este conto cando traballamos o outono...
O conto é de Eva Mejuto Y André Letría de OQO ; e a música de CONTOS EN CANTOS , Almudena Janeiro, tamén de OQO